03/07/10

impresións de Arles

I
un desprendemento da voz
na orixe

polas paredes os restos

do pesadelo: Marlow, a pretensión de aprender, ainda agora,
cando o estalido cubre o 100% do meu corpo

e esta vez é sen ti, sen ese “nós” ameazante

ceder bicar a mazá instalar unha nova mentira no tellado

II
da materia escura falaron os avós, os pais e as nais, eles estaban lexitimados,
pero neste presente
emigramos
a palabra

estendemos o mundo sobre a pel

e non coñecemos máis paisaxe

III
oralidade e vertixe
son os outros,

vivo naquel inferno cotián desde nena, só que agora teño máis superficie
ca de calquera monstro

perdín o elemento “eu” no patio da escola

o sorriso cara abaixo sinalaba o Hades

e xa daquela
a miña sede

insaciábel
___________

P.D. o que agora ves é unha poeta maldita -non quero ser “eu”, nin polo nome nin pola sombra

Espiñeiros, setembro de 1980
(un ceo tan estraño nos ollos das vacas)